Ola mundo!

Xa quedan poucos, e cada vez menos e tampouco queda quen apañe, quitando catro esfameados que veñen os domingos e en noitevella o resto quedan para pudrir e para o xabaril.

Inda foi onte cando se apañaban un por un, sacudianse, facianse uriceiras e secabanse no cainzo para que chegaran a febreiro ou a marzo.

Como o tempo anda tolo e fixo tanto calor inda non tiraran a folla a meirande parte deles…e veu a neve que sin vir cedo veu antes de tempo, e repolou como repola ela e ai quedan tirados ou a medio caer ou colgando sin naide que lles vote unha man para que o dano non seña tanto.